The Ocean Race

Modelo:Competición deportivaThe Ocean Race
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deportevela Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAlacant (Alacantí) 38°20′43″N 0°28′59″O / 38.3453, -0.4831 Editar o valor en Wikidata
PaísSuecia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1973 – Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialvolvooceanrace.com… Editar o valor en Wikidata
Youtube: UCd-kj8ShMRRDKrONtkjVRgg Editar o valor en Wikidata

O "Pirates of the Caribbean" entrando no porto de Goteborg.

A The Ocean Race, chamada entre 2001 e 2019 Volvo Ocean Race, é unha regata de embarcacións a vela que dá a volta completa ao mundo. Está organizada polo fabricante sueco de automóbiles Volvo e ata a edición de 2005 sempre fixera a saída inaugural de portos británicos: o 12 de novembro dese ano, saíu de Vigo apadriñada por el-Rei Xoán Carlos I, aínda que os veleiros estivesen previamente atracados no porto de Sanxenxo. A organización da regata foi subvencionada con 15.000.000 euros por parte de Xunta de Galicia.

As embarcacións que participan na proba pertencen todas ao mesmo modelo, o Volvo Open 70, con pequenas variacións nos materiais e en aspectos mínimos do deseño dependendo dos fabricantes.

A proba desenvólvese por tiradas, que van combinando percorridos en mar aberto, que poden durar entre unha semana e mes e medio de navegación, con regatas en porto ou nas súas proximidades, que duran media xornada.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy